Joder, si ata Modric o felicitou, flipo.
Vale que é un fenómeno, iso sabémolo todo o celtismo, quizáis esperaba felicitacións de xogadores españoles dun nivel medio estilo De Marcos ou Koke, pero non esperaba que auténticas lendas do fútbol mundial se tomasen a molestia de facelo.
Xa Ramos, Piqué ou Xavi son considerados lendas, e agora Luka que é a hostia e non é español (eu penséi que as felicitacións chegarían de xogadores nacionais, non penséi que cracks de fora fosen ter esa consideración con Iago, pero para él é todo un orgullo que o xenio croata tamén o faga).
E Mostovoi cedéndolle a súa coroa, ainda que todos sabemos que en termos de calidade pura non houbo ninguén como o Zar, pero que che bautice o propio Mosto xa é un orgullo igualmente.
Non sei por qué, non esperaba que fose a ter tal repercusión o dos 500 partidos de Iago.
Está claro que non é unha lenda a nivel mundial, pero creo que sí é un dos xogadores históricos da Liga e do fútbol español sen dúbida, e no futuro se falará deste home cando se nomeen grandes cracks que xogaron na Liga española.
É un orgullo que éste home xogase case toda a súa carreira no Celta, e que sexa canteirán galego dun pobo veciño da nosa cidade.
Todo un orgullo para o celtismo e para o deporte galego en xeral.