Para min o substituto natural de Aspas era Iker Losada, porque paréceme o xogador coa forma de xogar máis parecida a Aspas de todos cantos ten o Celta. Pero para lograr iso había que ilo poñendo a xogar de vez en cando, e a adestrar continuamente, e que Aspas fose o seu mentor. Nada diso se fixo, pero nin con Iker nin con ningún outro xogador. Pola contra, mantense a Aspas os 90 minutos no campo en todos os partidos, sen darlle alternativa nunca a ningún xogador na súa posición. E así nunca fabricaremos un substituto para o de Moaña. Fiarémolo todo a que sexamos capaces de contratar a un, coma se tivesemos capacidade adquisitiva para iso.