É que o da mitonamía, con perdón Deckard, pero non sei a que carallo vén... Ninguen fala de erixir unha estatua crisoelefantina de Iago, se non de desfrutar dunhas convocatorias que chegan con demasiado retraso. Comprendo a túa lóxica e a de mosgoc, pero non deixa de parecerme un posicionamiento egoísta e ata certo punto curto de miras, porque se ben, o virus FIFA está aí, a proxección e o aumento de valor que lle supón ao equipo contar co maior número de internacionais é indiscutible.
Outro debate sería se a federación, a FIFA ou o sursum corda deberían asumir, ben directamente, ben cun seguro, as perdas económicas que aos clubes lles supoñen as lesións derivadas dos compromisos das seleccións. Que, como ben dis, ao final son os que pagan.
Enviado desde mi iPhone utilizando Tapatalk