Ilaix Moriba, centrocampista guineano de 1,85 m, naceu o 19 de xaneiro de 2003 (22 anos). Tras a súa cesión en Girona, o RC Celta fíxose cos seus dereitos no verán de 2025, asinando un contrato ata o 30 de xuño de 2029. O seu valor de mercado ronda os 6 millóns de euros.
O de Ilaix Moriba onte foi unha exhibición. Estivo en todas: roubando balóns, presionando alto, iniciando xogadas e dando sempre unha saída limpa desde atrás. Deulle un ritmo e unha intensidade ao medio que facía tempo que non se vía, e fixo que o Wolves apenas puidese combinar con comodidade. Se mantén este nivel, vai ser un xogador clave. Xa sabemos que ten físico, pero onte tamén se lle viu cabeza: elixiu ben cando soltar o balón e cando conducir, e iso no seu xogo é medio camiño andado. En resumo, un dos mellores do partido, sen discusión.