O ano pasado salvounos varios partidos tras a lesión de Marchesín, e axudounos a saír do pozo.
O tema é que penso que ten nivel para un equipo da parte media da tabla como moito. Para Primeira sí que da (o nivel da Primeira División española tamén baixou nos últimos anos) pero si se busca un obxectivo máis ambicioso como loitar por entrar en Europa League ou a Conference, ahí penso que xa lle queda demasiado grande.
Guaita en cambio sí é outra cousa, un porteiro xa para mirar máis arriba, a pena é que xa o collimos vello, 37 anos ten xa, pero foi unha das mellores fichaxes do Celta que recordo en moitos anos, xunto con Douvikas. Fichaxes da era Campos, non todo foi malo con ese señor e agora se están vendo os frutos (o mesmo digo por Mingueza).
Iván non ten nin ritmo de competición, e parece que entrou moi nervioso e un pouco falto de confianza, tamén motivado pola presión do momento e estar tanto tempo parado sen xogar un partido.
Si lle das partidos e regularidade ahí é onde se crece, ahí hai porteiro, pero menos porteiro que Guaita claro.
O tema de Iván é un tema mental, non porque sexa un paquete.
E engadir tamén que o seu punto débil son os balóns aéreos, iso é un problema que ou o mellora ou o ten moi jodido para xogar na élite. A veces non mide ben onde vai o balón e non chega a despexala, e a veces sí o balón lle vai as mans pero por algún motivo se lle escapan balóns que debería poder atrapar con seguridade (o partido do Atleti o ano pasado tivo dúas así con Morata).
Noutras facetas demostra ser un porteiro solvente, pero Ai os balóns por alto!
Ahí ten un problema importante...