Supoño que se pode discutir se Jordan e o goat ou non...pero discutir se e dos elexidos...mi madriña.
Os haters de jordan soen dicir que no 94 os bulls chegaron a semis de conferencia sen el, e e certo, eses bulls sen jordan tamen era un gran equipo, pero Jordan era o que marcaba as diferencias entre semis de conferencia e gañar 6 finais con dous three peats. E como se o Celta de Mostovoi lle pos de dianteiro a Ronaldo Nazario, pois igual gañan 3 ou 4 ligas...
E con Shaq o mesmo, tendese a minusvalorar os que gañaron porque claro, tiñan boa compañia. Shaq era un animalaco enorme, que se movia a velocidade dun alero, que tiña bo pase, non a nivel sabas-jokic pero si bo pase, tapons, rebotes... Como non tiraba TL ben parece que non era todo o bo que era, pero se non andivesen a gresca el e Kobe igual levantaban entre 6 e 8 campionatos facil.
So hai que ver o que pasou entre Portland e Lakers nos 2000, nunha serie en que todolos xogadores de Portland eran mellores que os dos Lakers...salvo Shaq e Kobe...