Sabonis chegou á NBA vello e cos xeonllos fodidos. Non era espectacular coma Jordan, pero dominaba a zona coma ninguén, daba unhas asistencias agachando o balón como só lle vin a el e a catro elexidos e atrevíase a tirar de tres. Para min, mellor ca Shakille. O mellor de todos, Magic. De Jordan, é que nunca me pareceu nin sequera un dos elexidos. A diferenza cos outros é que Jordan destacaba moito no individual. Os elexidos tamén pero ademáis fan mellores aos compañeiros.
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk