O tendón de Aquiles é a peor mancadura que poda ter un futbolista, creo eu. Fálase moito da tríada pero hai casos a moreas de xogadores que rompen incluso nos dous xeonllos en diferentes anos e voltan xogar ó mesmo nivel de antes da mancadura. Pero do tendón...
En canto a calidade do xogador, o mellor central que temos, sen dúbida. Unha mágoa, amáis véselle bo chaval, familiar, centrado, características que sempre se fala a ter en conta cando se fan as fichaxes pero só de boquilla porque tráese a cada camándula..
En canto a vendelo cando houbo oportunidade, pois non estou dacordo. Xa vas ter que vender a xogadores tipo Larssen ou Gabri queiras ou non porque vanlles por unha ficha enriba da mesa que triplica ou cuadriplica o que o Celta poda chegar, pero xogadores tipo Joseph sí que vas poder mantelos e se o chaval da rendemento pra que vas coller 7-10 kilos que non te van garantir unha alternativa (vésaxe Unai, por exempro). Outra cousa é que te ofrezan 20 kilos, pero non creo que fora o caso.