Eu teño unha pregunta de ignorante, pero máis alá da ilusión de adestrar cos técnicos do primeiro equipo, que vantaxe ten esta medida a nivel formativo? Adestrar cos xogadores do primeiro equipo é un reto pola diferencia de nivel, pero se é entre eles, xente da máis ou menos a mesma categoría, que os exercicios os marque Benítez ou Fredi non lle vexo moita diferencia.
Nese sentido me gustaba máis, por exemplo, o de xuntar dianteiros das inferiores con defensas do A ou o B para que aprendesen deles.