O que necesitamos é un stopper tipo Tapia (ou mellor) coma o comer.
A clave está nun equilibrio na plantilla, hai que ter xogadores técnicos e con bo pase (os Hugos, Mingueza, Aspas...) con outros que sexan peleóns e sólidos como unha roca (Tapia, Aidoo).
Si Tapia se vai hai que fichar o sustituto, iso é primordial.
O ideal por suposto sería un tío capaz de destruír xogo e que a maiores se defenda ben co balón nos pes e non sexa un torpe. É dicir, intentar traer alguén mellor que Tapia.
E xa si fora un box-to-box con sete pulmóns para defender, recuperar balóns e logo subir ao ataque e romper liñas cunha conducción ou pase entón xa sería a polla, pero entendo que eses últimos xa sexan máis difíciles de acceder para nós.
Tamén me preocupa a falta de físico dos nosos xogadores, nun fútbol cada vez máis físico. E iso queda patente en partidos como o de o Alavés, onde un equipo con menos calidade técnica nos comeu por completo no campo e nos gañaron todos os duelos por puro físico e carácter.... Os nosos rapaces técnicamente son bos, xogan ben ao fútbol, saben o que é unha pelota... pero no noso adn tamén vai a debilidade física e de carácter, mezclado cun toque de inocencia... Por iso me gustan xogadores como Tapia, que son "perros viejos", con carácter, cancheiros, pícaros, con moita calle.... porque é un perfil que por desgracia escasea na nosa plantilla dende hai anos... a maioría dos nosos son "prototipo Beltrán ou Mingueza", débiles en físico, carácter e mentalidade... igual tamén habería que empezar a aprender un pouco más dese "outro fútbol", o fútbol das "maldades", da picardía, do perder tempo cando toca, o do máis listo da clase.... o cal non é incompatible con seguir xogando ben ao fútbol (por suposto non quero nin parecernos ao Xetafe nin volver ao antifútbol de Benítez). Pero un equilibrio, un punto medio... sí estaría ben, si queremos sobrevivir na élite hai que ser menos pardillos ou inocentes do que hemos sido moitas veces, porque pronto Aspas xa non estará para salvarnos o cu.