A min a verdade é que a labor de Garcés ata o de agora me está a parecer bastante sensata, incluido o mercado.
- A nivel de clube se reorganizaron bastantes áreas, buscando un mellor rendemento xeral, é axudando que as máis importantes medren. Os olladores son os tres de sempre, pero se incorporaron un par de analistas, se contratou os servizos dun servizo externo e se está buscando profesionalizar todo este proceso.
- Na estructura dos equipos parece claro que a idea do C gustaba pero non en ese formato e se vai crear un equipo propio. As vacantes, tanto a nivel directivo como nos adestradores, cubríronse a base de promoción interna.
- No mercado supoño que é onde hai máis dúbidas, pero eu é a primeira vez en anos qu teño a sensación de que hai un plan e se intenta seguir. O obxectivo principal que se marcou foi dar saída a moita xente, rebaixala masa salarial e simplemente complementar o equipo que xa había con algún retoque. Evidentemente o apartado de saídas está a ser máis difícil do que esperaban e hai moitos soldos altos que non van saír. Nas entradas da igual canto fume se vendese dende a prensa ou canta xente se pedise dende a grada, as posicións e perfís que se buscaban estaban claros e se busca con calma xente que encaixe neles. Este ano as ganas de pelotazo, os ofrecementos exóticos e "oportunidades de mercado" non nos desviaron do obxectivo. Hai un plan.
No debe, creo que coincido con case todos, poría a elección de nomes. Se só planeas dúas entradas teñen que estar moi medidas e vir a dar un salto de nivel. Tanto Borja como Moriba chegan con dúbidas e, por máis que Claudio estea convencido de poder sacarlles o mellor, non creo que fose o que había que buscar. Pero bueno, eu penso que o ano pasado había mellor equipo do que parecía e a base mantense, así que non creo que debamos sufrir demasiado. A maiores temos varios xogadores xoves que deben dar un paso adiante, así que a base creo que é mellor que en agosto do 2023. Nese contexto, ese "debe" que lle poño relativízase.