Agora que estou a escoitala rolda de prensa, hai unha pregunta coa que non podo estar dacordo. Nin coa pregunta, nin coa resposta. Prantéxalle, creo que Víctor López pero non estou seguro, que o equipo é imprevisible, nunca sabes se vai dar un nivel alto ou baixo. Garcés está dacordo e di que si, que non depende nin do sistema, nin do once, e que iso fai moi difícil analizalo equipo.
Eu falo dende a barra do bar, e se nin os xornalistas, nin o adestrador, nin o director deportivo o ven entendo que estou equivocado, pero eu vexo un patrón claro nesa dinámica e é de actitude, de intención. De saír a esperar na área ou a 20 metros. Xa non falo de saír co autobús ou a propor. Simplemente o equipo vese moito máis sólido e máis eficaz na saída (porque os dianteiros están en campo contrario) cando o equipo xoga máis adiantado. Edito para aclarar de que son consciente de que hai baches, pero o equipo paréceme consistentemente mellor nestas circunstancias.
Despois si, hai moitos errores individuais que estamos a pagar caro, pero iso é a maiores. Ao final todo suma.