Ese xogador de banda podería ser Allende, o cal Claudio considera que non casa co seu sistema.
Xogadores exóticos temos dous no filial: Emi Martínez, internacional sub23 de Mexico e Bernard Somuah, ghanés con moito futuro. Incorporacións exóticas con moito que gañar e pouco que perder.
As fichaxes do primeiro equipo responden perfectamente ás carencias que tiñamos, tendo en conta o aluvión de subidas desde o Fortuna, que por suposto foi totalmente consensuado co adestrador. Un adestrador polo que, por certo, Garcés apostou.
Para o filial, Garcés e o seu equipo ficharon a varios xogadores moi prometedores de diversas canteiras de España, ademáis dos internacionais mentados. Marc Vidal, Johan do Las Palmas, Garri do Valladolid, Escobar, etc. Todos (ou case) con potencial de primeiro equipo.
Para o segundo filial, temos un novo equipo integrado 100% na estrutura do clube, que nos vindeiros anos estará en funcionamento como paso entre Xuvenil e Fortuna.
De verdade, eu non entendo as queixas. Temos un ST que está a facer xusto o que se lle pediu desde o club. E ben que o está a facer.