Agora mesmo contamos cun déficit de xogadores (eu engadiría xogadores que suban o nivel porque non é só cuestión de número) en varias posicións da zona de ataque moi moi importante, polo que espero que o que dixo Garcés na rolda de prensa que 4-5 reforzos como moito e contando como reforzos as renovacións de Carreira e compañía por exemplo, sexa unha estratexia.
Na liña de ataque é actualmente a liña crítica. Desde o mercado de inverno fóronse Douvikas, Bamba, Fer, Alfón, Iker, Borja e Aspas vai para os 39 anos (o lóxico sería pensar que vai xogar aínda menos minutos este ano). Todos eles con minutos e sendo importantes ou moi importantes en diferentes tramos da tempada(o que menos obviamente Iker pero minutos tivo considerables). Non meto a Allende porque a súa presencia foi nula, pero estamos falando de 5+ Borja (que finalmente o lóxico é que acabe vindo pero veremos, porque vai para longo) e Iago. 6 xogadores e medio.
Por moito que algún dos Gavián, Oscar Marcos, Arcos.. poidan comezar a ter minutos fan falta varios e de perfís variados. A marcha de Fer e crítica para iso porque o lóxico e que se fose a máis de 2000-2300 minutos este ano.
Algúns poderían dicir que cando máis xogou bamba menos o fixo Alfón, ou cando máis Iago menos Fer, o mesmo con Douvikas e Borja, pero este ano hai 3 competicións. Mínimo uns 8 partidos máis, o lóxico sería irnos a uns 10 máis fácil.
No resto de posicións foron baixas máis superficiais e que teñen máis fácil correción cando menos en número (eu entraría outra vez na necesidade dun pivote) pero sen olvidar de novo de que vamos xogar 3 competicións.