O veterano lateral esquerdo Marcos Alonso (1,88 m) naceu o 28 de decembro de 1990, polo que conta con 34 anos. Asinou co RC Celta o 28 de agosto de 2024 e o seu contrato esténdese ata o 30 de xuño de 2026. O seu valor de mercado é de 1,5 millóns de euros.
📌 Primeiro equipo
Marcos Alonso
O de Marcos Alonso preocupa un pouco… porque, sendo sinceros, non está ao nivel do ano pasado. Na pasada tempada víamos un xogador moito máis enchufado, contundente e con presenza; agora, nesta pretempada, paréceme máis lento, sen esa agresividade nos duelos e con menos claridade para subir e aportar en ataque.
Non sei se é cousa de carga física ou de que aínda lle falta ritmo, pero a sensación é que está un chanzo por baixo do que debería. E se non recupera ese nivel, vai ser difícil que marque diferenzas coma antes.
No primeiro gol, queda mirando como Uche pon o pase. Un xogador da súa experiencia non pode permitirse ese despiste. Logo en ataque quixo subir, pero sen profundidade nin perigo real. Moi plano, esperábase moitísimo máis del.
Unha decepción. Agardábase un lateral con percorrido e calidade, e onte vimos un xogador lento e superado. Moi lonxe do nivel que se lle presupón.
Accede para responder. Acceder