O veterano lateral esquerdo Marcos Alonso (1,88 m) naceu o 28 de decembro de 1990, polo que conta con 34 anos. Asinou co RC Celta o 28 de agosto de 2024 e o seu contrato esténdese ata o 30 de xuño de 2026. O seu valor de mercado é de 1,5 millóns de euros.
O de Marcos Alonso preocupa un pouco… porque, sendo sinceros, non está ao nivel do ano pasado. Na pasada tempada víamos un xogador moito máis enchufado, contundente e con presenza; agora, nesta pretempada, paréceme máis lento, sen esa agresividade nos duelos e con menos claridade para subir e aportar en ataque. Non sei se é cousa de carga física ou de que aínda lle falta ritmo, pero a sensación é que está un chanzo por baixo do que debería. E se non recupera ese nivel, vai ser difícil que marque diferenzas coma antes.