O que xa se empezaba a adiviñar o ano pasado se está confirmando nestes últimos partidos.
É dicir, visión de xogo, atopar liñas de pase onde o resto non as ven e ter un guante no pe para executalos...
De tres cartos para adiante si lle deixas pensar é unha ameaza para o equipo rival, o problema é cando ten que defender, que nin sabe nin ten o físico/carácter/nervio para elo....
Tampouco nos flipemos, para o Celta pode ser un xogador importante e destacado, pero iso non quere dicir que teña nivel para un City, un Bayern ou equipos top de verdade....
Iso sí, como siga progresando, non descarto que poida aparecer unha Real Sociedade ou Betis e nolo birle....
O importante é que empece a carburar, tamén se nota que o xogador está feliz aquí en Vigo, e máis agora tendo a Claudio de adestrador que potencia ao máximo o seu fútbol, e se nota no seu xogo que él está a gusto e feliz.... no Barça se equivocaron ao poñelo de central, pero gracias ao Celta descubrimos que éste rapaz era un diamante en bruto, mal aproveitado e cunhas virtudes que se lle descoñecían...
Que siga así e que nós os celtistas poidamos seguir disfrutando do seu fútbol.