Éste rapaz é un artista, menuda visión de xogo e menudos pases ao oco e medidos que mete.
A xogada do 1-2 é incrible, tanto por Oscar como por Fer, pois o madrileño ataca o espazo sabendo que óscar lla ía poñer ahí, foi como telepatia entre ambos, e saíu á perfección. O remate tamén moi bo, de primeiras, cruzado e axustado ao pao, bonito e de difícil execución.
O de Mingui é brutal, e pensar que cando estaba no Palancas me parecía un paquete descomunal, pero á hora de atacar é un xogadorazo, esa visión e pase soamente a teñen Aspas e él no equipo. Bueno, igual Fer tamén está destinado a facelo. Pero vamos, da gusto os pases que mete Mingui, unha delicia para os verdadeiros amantes do fútbol. Xogador fundamental no esquema e estilo de Claudio, o cerebro do equipo xunto a Aspas.
Pode ter algún baixón ou mala racha como en Decembro/Xaneiro, pero a súa maxia sempre está ahí, é algo innato que ten él, o prototipo de clásico mediapunta, non lle gusta correr e de físico vai xustiño, pero co balón nos pes se divirte e engalana ao público. Un crack da vella escola, menos físico pero máis maxia.