Eu tamén agardaba que a estas alturas Aidoo xa estivese para sumar minutos no central dereito/líbero e rotar con JaviRo/Carl e que Manquillo (non me chista nada)xogase o mínimo posible, pero a verdade é que no partido de copa , o seu rendemento e sensacións foron moi malas, peores das que agardaba, por moi baixo que tivera o listón pola natureza do encontro/rival.
Se a isto lle sumamos que a saída de balón, o xogo aéreo e a rigurosidade táctica, non son os fortes de Joseph, normal que agora mesmo sexa a última opción da defensa.
Unha verdadeira mágoa polo centralazo que vimos aquí, pero todos sabiamos que esa lesión podría mermalo para sempre.