Eu era dos que se levaba as mans á cabeza coa sua fichaxe, pero agora mesmo me parece un xogador fundamental para o estilo do Celta e de Claudio.
É un xogador que naceu para xogar nun Celta, é o mellor ecosistema para él e nós tamén podemos sacar beneficio das súas cualidades....
O que pasa e que hai que atoparlle o rol ideal na plantilla, tamén estaría ben facer un traballo para mellorar o seu físico, un dos seus puntos débiles...
Para determinados contextos é un xogador moi necesario e útil para nós, pero hai que saber utilízalo, e non pedirlle facer o que non sabe como pasaba con Benítez.
E como lle falta físico e é penoso en defensa, moi probablemente ningún gran equipo querrá pescalo.... é un xogador que ten boas cualidades e creo que pode facer carreira en Vigo como fixo Beltrán, pero sendo todavía mellor e máis vertical que Fran en ataque...
Dame xogadores que sepan romper liñas cun pase, con bo pe, que poidan dar centros medidos.... e iso no Celta sólo o saben facer Aspas e Mingueza...
Para min hai que adiantar a súa posición claramente, mediocampista que pode facer a diferencia no último tercio de campo, cos seus pases e visión de xogo... non será Mostovoy nin Mazinho, pero sí pode ser un novo Denis Suárez, son o mesmo perfil de xogador (quizáis Denis corriá máis e con maior despliegue físico no campo, pero en visión de xogo e pase son o mesmo tipo).
Os seus peores meses foron con Benítez que lle obrigaba a defender cando non sabe... comezou a súa carreira xogando de central, logo lateral, e por iso a cagaba tanto.... pero penso que reconvertindose a mediocampista e con Claudio de mentor pode mutar nun xogador distinto, moito máis aproveitable e que axude a mover o ataque do equipo.... hai que ir pensando en sentar as bases para cando Aspas se retire, e Oscar pode ser un dos futbolistas da nova xeracion que colla o relevo, penso eu.