Nada me gustaría máis que se tomaran dunha vez a importancia que merece a posición de porteiro.
Se tes que meter 7-8M nun porteiro métense e se sae mal saiu, anda que non nos teñen saído mal fichaxes, pero por unha vez non facer a do parche de gastar os cartos noutras posicións e coas sobras ver o mercado.
Super dacordo con Beade, se queres traer a un porteiro índote ao "fácil" cun Peña de turno, polo menos arrisca por unha vez e ficha outro novo do estilo dos tan demandados da escola balcánica de metro 90 e longos e proactivo para segundo porteiro ou titular do filial e ves que pasa. Así pode ir adquirindo certas eivas de base que suele ter esa escola de porteiros e tan importantes para Claudio como pode ser unha saída aceptable de pelota. Só hai que ver o partido do Barça onte para ver o capital que é para Claudio iso. En Pero por unha vez empezar a casa pola base e non polo tellado.
Actualmente o Celta ten 4 porteiros para o primeiro equipo que non cubren as necesidades existentes nin en presente nin seguramente en futuro. Hai que darlle Unha volta completa a esa posición. Non ten o máis mínimo sentido ter a Guaita, Villar, Vidal e César. Cada un da máis inseguridade que o anterior. Veremos que pasa coa nova remesa do xuvenil e se hai un ou dous válidos e de futuro pero 2-3 porteiros habería que fichar para o ano. E mínimo 3 deses 4 deberiaselles buscar saída.
Este verán hai 3 postos estratéxicos a mellorar que é o do porteiro, de pivote/falso pivote e de 9. Nesa orde. Os poucos recursos que temos hai que centralos aí. Tamén nesa orde (na miña opinión claro). Engadiría un cuarto importante coa marcha de Alfón buscando un perfil encarador do 1 vs 1. E logo en función das saídas pois podería darse 1 ou 2 máis (con Carreira,Tincho, Mingueza incluso podes parchear o lado Esquerdo, non o vexo tan prioritario). Pero neses 3-4 está/debería estar o mercado.