Non termina de convencerme.
Che fai un partidazo con gol incluido e logo os catro seguintes desaparecido.
Moi irregular e estancado.
Non sei si algunha vez chegará a mutar en xogador diferencial. Oportunidades está tendo dende logo. É un xogador fino co balón nos pes, pero moi frío e lle falta colmillo e físico (dúas cousas moi importantes para un dianteiro no fútbol actual). Todavía non teño nada claro cal sería a súa posición ideal, pois como extremo non lle vexo para nada... me parece máis unha especie de mediapunta, pero tampouco lle vexo visión de xogo e último pase como sí teñen Aspas, Fer ou Mingueza. E na definición cara a portería tamén lle falta mellorar.
Como digo, de vez en cando ten chispazos de calidade, pero so moi de vez en cando, e o resto do tempo parece que non está. Non sei, me deixa moi frío, a min me ilusiona máis ver a Hugo Álvarez e Alfon a verdade.... o sueco non está facendo méritos para manter a titularidade.