É moi bo. Ten facilidade para atopalos espacios onde facer máis dano, aguanta ben o balón , combina con criterio e é rápido para atacar en profundidade. Dous detalles interesantes que tivo tanto o luns coma onte:
(1) Provocou perdas na saída por chegar rápido á presión. O gracioso é que non chega correndo coma un miura, que o defensa o ve e pode planear, senón que o fai dende un lateral, aparecendo de repente.
(2) Provoca moitas faltas. Isto é algo que xa lle vin coa selección varias veces e que aquí lle faltaba, conduce cunha zancada potente e cubrindo o balón, polo que o acaban tirando cando lle entran. O luns provocou unha expulsión e onte unha falta perigosa ao borde do área, un metro máis e era penalti.
Ten moitas cousas para ser un moi bo xogador. No lado negativo, véxolle o mesmo que comentei aquí moitas veces: cando non está en permanente contacto co balón desconéctase, fáltalle ser máis constante e participar máis no xogo. O peor diso é que encaixa moi mal cun suplente. Se entras 15 minutos tes que estar a tope os 15, non vale con dar dous chispazos.
En resumo, por resumir moito: creo que estes dous partidos por fin vimos ao Williot de verdade, o que asume, intenta cousas, e busca rápido portería. Agora ten que dar un paso para facelo máis rato, ten que buscar ser máis protagonista. Se o consigue será un xogador máis que útil.