Revolucionou o partido xunto con Fer. Entre os dous (e Carreira) déronnos xusto o que precisábamos.
Eu vexo a Williot coma un revulsivo. Suplente de ouro. Por algún motivo que non chego a entender, non é capaz de rendir do mesmo xeito cando sae de titular. Quizáis ten algo que ver coa súa xuventude. Por agora, creo que o seu rol debe ser ese, e xa pouco a pouco irá demostrando máis.
Edito para comentar un último apunte: é un xogador distinto, con maxia. Aporta algo que non ten o resto do plantel. Esa zancada, esa capacidade para ler as xogadas e desmarcarse, esa facilidade para irse dos rivais (cando quere), esa definición de crack (cando quere). Ten madeira de estrella.