Non vou negar que xogar 1000 minutos sería mellor que xogar 100. Partindo desa base, neste caso concreto eu creo que adestrar todo o ano co equipo vai ser bo para el, aínda que xogue pouco.
Estou seguro de que vai notar o salto de nivel incluso nos adestramentos. Ademáis, o equipo de Coudet é particularmente físico, así que si aproveita o ano para esixirse nese aspecto, o cal creo que é o seu principal punto débil a día de hoxe, creo que o verán que ven vai estar moito máis feito.
Por pedir, ogallá teña oportunidades como recambio de Cervi a ver qué tal. Coa metade dos minutos de Nolito creo que xa podería considerar esta tempada como exitosa.