Este é un tema delicado porque hai que atopalo equilibrio entre a aposta forte que fixo o clube e o nivel real, actual do xogador. O feito de que Coudet teña gañada a fama (na miña opinión de forma merecida) de adestrador pouco interesado na formación, por dicilo finamente, non axuda. E que apenas lle dese minutos nin nos amigables da a sensación de descarte dende xa antes de baixar do avión.
A min nos poucos minutos que xogou me deu a sensación de ser un tipo rápido e con facilidade para moverse preto da área. Gustaríame velo en un partido de verdade, pero non me parece que se mereza caer no ostracismo. Se a referencia é o Nolito do ano pasado, cústame crer que con minutos Williot non puidese ofrecer polo menos o mesmo.
Pero bueno, que sen xogar tampouco se pode valorar se vale ou non vale. Aquí non podo máis que fiarme da palabra de Coudet, porque non teño máis referencias.Se a súa realidade no equipo vai ser a de levarlle o auga a Gudelj para que non se lle reseque a gorxa cando vai anunciar os cambios o de ter ficha do filial é unha boa idea. Sería tan fácil como falar con el e explicarlle que ter ficha do filial lle permitiría ter ritmo de partidos, acumular experiencia contra xente moito máis madura e nunha liga dun nivel relativamente bo; pero sempre tendo a consideración de "xogador do primeiro equipo": adestrando cos maiores, entrando nas convocatorias, xogando en Copa e os minutos que puidese ter en Liga. Que teña claro que o clube fixo un esforzo grande por el porque confía nas súas posibilidades.
Outra cousa ben distinta é que para iso igual el prefería estar en Brujas, claro.
O de cedelo a segunda non ten sentido. Se non marcha coa confianza absoluta do adestrador de turno, cousa que non vai ter porque seguro que nin o coñece, non creo que xogue moito máis que aquí. Para iso que quede e aprenda.