O ambiente pos-Coudet está a ser do máis tóxico que se recorda. Non hai tema que non sirva para facerse reproches.
Cando alguén da ten que estar disposto a recibir. (Iso é o que me dixeron a min con Brais)
E de Coudet dixéronse moitísimas cousas inxustas del así que..
Entón estamos dacordo en que os reproches nacen do despecho polo despido? Ben, algo é algo.
Eu que pensaba que eramos fans do Celta e non do Coudet FC...
O único claro é que este ambiente non axuda a ninguén. Alá cada quen coas súas decisións, pero a min paréceme máis importante apoialo equipo nun momento difícil que andar chorando polas esquinas e pelexado co mundo. Hai moitas formas de demostralo desacordo coa decisión sen andar creando debates artificiais.
E que conste que non o digo por ti persoalmente.
E os reproches que me fan a min polo de Brais? Ah entón aí non pasa nada....
Ou todos ou ningún porque aquí hai dobre vara e ao final a maioría ten uns "privilexios" que outros non temos ou temos que ter máis coidado en dicir X palabras
Estás mezclando temas.
Non, non mesturo. Falo do mesmo. Dos reproches que se soltan dun lado e que si se soltan do outro lado entón éque son un troll ou demais...
Mosquera, que haia disputas nun foro é algo normal cando non se está dacordo e as posturas están enquistadas. Non quero dicir que estea ben, pero pasa. Pero estas cosas non teñen maior alcance, mesmo deberíamos poder saír a tomar unha cerveixa despois e sen problema.
Eu do que estou a falar é de crear discusións ou debates artificiais polo simple despecho, ou de estar coa escopeta cargada simplemente porque botaron a Coudet, porque son discusións que non teñen máis razón de ser que enrarecelo ambiente. Crean división e non aportan nada, porque non hai información nova.
Hoxe non sabemos máis que inte se Williot vale ou non vale, por ceñirme ao tema do fío.
Por exemplo, isto, pero a distinto nivel porque ten outro alcance mediático, é o que leva facendo Óscar Méndez toda a semana. Os seus motivos el os saberá, pero a min me parece unha forma moi particular de demostrar
celtismo nun momento no que deberíamos estar todos a unha co equipo.
Eu persoalmente creo que nunca entrei no xogo dos comentarios persoais contigo, así que tampoco busco defender esa postura. Simplemente non me parece que sexan comparables, pero non deixa de sela niña opinión.
Por cierto, xa dixen que o comentario non iba por ti. Neste caso, máis ben pensaba en Óscar e na necesidade de abrir un melón cunha mensaxe críptica coma a de Williot.