Coudet marchou, pero as súas formas lamentables con según quen van tratar un tempo en ser extirpadas. Por desgracia.
É normal, certos pseudoxornalistas que cubren ao club están 24h ao día inventándose debates inexistentes e creando opinión cuns fins moi concretos, para logo cando lle cae facerse as vítimas. Penoso, de verdade, penoso.
Estar dando a turra 24h ao día falseando datos cos males de Campos, de xogadores do club para logo facer enquisas tendenciosas, obviando o que non che interesa e poñendo o foco no que queres que saia.
Para todos os que renunciamos a un traballo no campo do xornalismo por non comulgar con según que prácticas pouco éticas, resulta bastante frustrante.
Vender opinión como información e información como opinión. En fin.
Que prácticas que levaron ao poder a xente como Trump, Bolsonaro, Macri... Se use en menor medida para cubrir ao meu equipo de fútbol resúltame tristísimo.