Por matizar o meu comentario, xa que vexo que hai diferencia de opinións, eu creo que aquí tamén hai que facer algo de psicoloxía. Explícome: se Carvalhal quería perder un pouco de tempo cun cambio, porque en dous minutos non da tempo a nada, hai moitos xogadores que poden entrar e seguro que entenden á perfección o rol que teñen nese partido. No caso de Williot, estamos a falar dun rapaz que estaba no ostracismo, que estivo unha tempada apartado nos adestramentos tácticos e que precisa sentirse parte do equipo. Nesas condicións, metelo paréceme que lle pode facer máis mal que ben.
Pero con digo unha cosa, digo a contraria. Ten razón don Pimpon en que se son os primeiros minutos de moitos ("moitos") a cousa cambia. E ten razón Deckard (e por extensión Coudet) en que se el queda feliz por xogar pois nada que dicir.
Carvalhal é moito máis listo ca min e seguro que o fixo pensando no mellor para o equipo. Supoño que buscaba un xogador ofensivo para non acabar de meterse atrás. Ademáis, coido que demostrou que sabe manexala psicoloxía no vestiario, así que por ahí tamén terá que traballar con el.