A que che soa?
Home, Macrón elixiu como primeiro ministro (ou chamádelle como queirades) a Michel Barnier, un conservador dun partido que non foi nin dos tres máis votados, co apoio de Le Pen.
É dicir, Macrón pídelle á esquerda que elimine candidaturas para frear o partido de Le Pen. A esquerda faino coa condición de que o partido de Macrón faga o mesmo. Nas eleccións gaña a fronte política de esquerda, e finalmente Macrón forma goberno cun conservador do partido menos votado co beneplácito de Le Pen. Ti me dirás...
Ya sabes a qué. Empezando por lo de ganar, en España también ganó el PP y no gobierna, así es la vida.
Tal como yo lo veo, sí frenaron a RN, y como tal tienen de primer ministro a alguien que no es de ese partido así que en estricto término no veo la estafa por ningún sitio. La izquierda siempre puede proponer una moción de censura en la asamblea si encuentra apoyos para ello, igual que el PP en España, pero no parece que los vaya a encontrar.
El cómo se va a tomar el electorado de Macron esta jugada, se sabrá en 2027. O antes, si la asamblea se vuelve en contra del primer ministro. Desconozco la sociología de su electorado, pero no tiene, en principio, qué penalizarle demasiado cuando su últimos años han estado ya orientados a políticas liberal-conservadoras.
Cando falo de gañar refírome a recibir máis votos, o cal non che da ningunha lexitimidade para formar goberno se outros suman máis. Ata aí todo ben.
O que considero que non é de dereito é, precisamente, que lle pidas a un partido que che abra paso dando de baixa candidaturas para que non compitan contigo co argumento de non permitir que un partido e unha tendencia política entre no parlamento (fancendo ti o mesmo, pero partindo de previsións peores), e logo cando nas eleccións quen saca máis votos é a quen lle pediches colaboración, acabes pactando con quen supostamente querías evitar.
A comparación co PP non se sostén posto que antes das eleccións en España non houbo, ata onde eu sei, unha colaboración para presentar listas que non competisen en votos para frear outros partidos, polo menos entre PP e PSOE. O único que estás a facer e repetir unha pataleta lanzada no seu momento polo PP.
Dis que frearon a Le Pen, pero resulta que o candidato que propuxo Macrón só se sostén co apoio da ultra porque é contrario ao que lle pediches que che axudase para freala. Curiosa forma cordón sanitario político, como lle chaman eles.
En todo caso, tal e como dis, o tempo dirá se aos franceses lles parece ben ou non.