Un país calquera. O candidato do partido opositor, favorito nas enquisas, sofre un intento de asasinato. Casualmente houbo un fallo de seguridade "moi grave" dos servizos de seguridade estatais. Pouco despois, o presidente, que leva moito tempo dando mostras de "perdas de atención", pero que se nega a se facer a un lado, desaparece da vista do público, e comunica que se retira, deixando como candidata á súa vicepresidenta. As doazóns á campaña do seu partido aumentan rápidamente...
Qué se diría dese país se non fora EEUU?
Máis na súa plataforma audiovisual favorita.
Enviado desde mi SM-A525F mediante Tapatalk
E o presunto asesino colabora errando dez tiros a propósito e deixándose matar por que e parte do plan ?
O presunto asasino era un rapaz de 20 anos que lle colleu o rifle ao pai... seica. E subiu ao único tellado que, por algún motivo, quedou sen vixiancia.
E tendo en conta que o opositor ía claramente por diante nas enquisas e saíra claramente gañador no debate televisado, por (in)comparecencia do presidente... polo que non tiña motivos para montar o show do francotirador. Pero o presidente erre que erre que se quería presentar como candidato.
Penso que na seguinte temporada darán algunhas claves da trama. Apaixoante.
Enviado desde mi SM-A525F mediante Tapatalk
A ver , ese tema sempre está ahí , por poñer un exemplo , no asunto de JFK , está na mente de todo dios que ahí houbo unha conspiración , o problema en parte e pola cultura popular , a pelicula de Oliver Stone e a puta hostia , pero está chea de medias verdades , de case mentiras e de moitas falsedades . Se se quere saber sobre o tema de verdade , hai que ir a varios libros que estudiaron o caso de maneira seria e aséptica , ¿ que pasa ? , son ensaios de 800 páxinas , aburridos , e loxicamente todo dios pasa de leelos , en troques a peli son duas horas e media super bonitas e moi ben narradas . Nestes ensaios non pecha a porta a que houbese algo pero dan por feito a o 90 por cen que foi Oswald , con probas , peritaxes e testemuñas do momento , non de anos despois contaminados por influencia do tempo . Por exemplo , Jim Garrison , interpretado moi guai por Kevin Costner , na vida real era un patán bastante fascista que odiaba a os homosexuais , que usou a coacción e as ameazas de facer publica a condición sexual de algúns testigos e estes contaron o que lle interesaba a ese sujeto , e que nas súas conclusións indicaba que todo era unha conspiración de baixos fondos relacionados con clubes clandestinos gais e non o que se conta na película , que vemos a un Costner super recto e honrado , gran pai e marido exemplar que nada mais busca a xusticia .
¿ No tema este ? pois o de sempre , se monta unha conspiración que para que saia ben hai que implicar a unha chea de xente dunha chea de organismos , pero o final ninguén se vai da lingua e dos que traballan neses organismos e non estaban na allada non se entera ninguén e conseguiron facelo as costas deles .
Na miña opinión , un demente , que vive nun país de dementes , colleu un arma e disparou contra outro demente por que as armas son gratis , e si mesturas iso con simple incompetencia por parte de quen se encarga da seguridade , pois pasa o que pasa .
¿ Pode haber conspiración ? non se debe descartar , pero eu sinceiramente non creo que haxa .