Pois non serán piores, pero son iguales.
De feito, na miña opinión o PP é un mal aprendiz do PSOE, porque quere pero non pode/non se atreve.
Non hai máis que ver o sainete este do "retiro espiritual de 5 días para pensar que fago coa miña vida": congreso federal retransmitido en directo con pantallas na rúa, concentración convocada en Ferraz amosar apoio ao líder, manifestos de artistas/periodistas/etc en prol do líder, editoriais de medios afíns...
Hostia, nin que fose o Caudillo na praza de Oriente.
Produce ata vergoña allea o grado de servilismo absoluto.
O PP é o que é, e non é bon, pero o único que se achegou a uns niveis de narcisismo semellantes foi Aznar e o casamento de estado que lle organizou á filla.
É patético que un primer ministro diga que tómase 5 días para reflexionar porque catro frikis denuncian á súa muller. Un puto esperpento.
En Portugal liarían a que liarían, pero Costa está a anos luz en dignidade en comparación con este homiño.
PS: Non perdamos de vista que a súa muller igual ten por ahí actuacións que non serán delictivas, pero tampouco pasa nada por investigar como conseguiu unha cátedra sen ter nin licenciatura, quen financia esa cátedra é que empresas recibiron axudas multimillonarias despois de ter reunións con ela.
Que semella que á muller do César non se pode cuestionar.
Enviado desde mi SM-G975F mediante Tapatalk