Pero cómo defines qué partido ten representación en todo o Estado? Que presente candidaturas en todas as circunscripcións? Que obteña representación en todas elas? Ollo porque pode quedar só o PsoE nesa democracia tua.
Eu entendo o que pretendes. Pero Portugal é moito máis homoxénea ca España. Tan español é o idioma galego coma o castellano e por tanto non se debería nin intentar que o segundo pase ao galego.
O problema é que agora, que xa somos medio mixiricas todos, cando un monolingüe viaxa a un territorio bilingüe ou estos lle falan en castelán ou síntese estranxeiro. E claro, acaba pasando que cando o Madrid xogou a final da Champions en Rusia os desplazados madridistas acabaron queixándose porque todo estaba en Ruso sen traducción ao castelán.
Os nacionalistas tiran moito para a sua terra e chantaxean ao goberno central. Pero as autovías, radiais; o tren, radial; os voos, cada vez máis centralizados en Madrid. E os deputados galegos de partidos estatais votan en clave madrileña. Esto último non se intenta regular?
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk
Con todo o agarimo do mundo e sen acritude, que decía o outro: non aproveitedes as miñas lerias teóricas de deseño institucional para verter os vosos traumas.
Qué me estades contando do Madrid xogando en Rusia e catro inadaptados sociales ladrando polo mundo adiante as súas miserias?
Estamos a facer de calquera anécdota categoría?
Que por certo, por non estar falando sempre de Mordor, perdón, de Madrid, podríamos poñer exemplos de Rivendel, perdón, Catalunya, onde algúns hipermotivados andan sinalando en redes sociales a locales e comercios por falar en castelán. Xa é casualidade que a meirande parte das veces son casos de locales de restauración e os perpetradores de tamaña ofensa son cidadáns de orixe sudamericano.
Dito isto, Portugal será máis ou menos homoxénea que España, non o sei, pero o que eu digo é que non é menos democrática que España por non permitir partidos de carácter rexional.
Moscog insinuou que non era democrático eso e eu non estou dacordo e poño un exemplo.
Voltando ao tema, na miña proposta: para o Congreso, partidos que sexan capaces de presentar lista electoral en tódalas circunscricións electorales. Neste caso, na provincia (eso eu non o cambiaría, aínda que podríaae estudiar facer como circunscrición a comunidade autónoma).
Se queren defender intereses territoriales concretos, o seu lugar non é o Congreso e sí o Senado. Ahi, barra libre para que se presente quen queira.
Evidentemente, o proceso lexislativo e as competencias do Senado cambian radicalmente (para ser máis decisivo, claro).
Curiosamente, isto non interesa a ninguén.
Nin aos partidos grandes, que xa teñen o seu chiringuito montado e o Senado cemiterio de elefantes e menos aínda aos partidos nacionalistas, que poden extorsionar no Congreso ao PP ou PSOE de turno e conseguir o que queiran.
Moito máis cómodo e produtivo eso que partirse a cara nun Senado defendendo os seus intereses diante dos intereses do resto de territorios que non foron bendecidos pola gracia divina que eles si teñen (non hai máis que ver casos como a rede de AVE e como se estendeu para velo clarisimo).
Enviado desde mi SM-G975F mediante Tapatalk