O movemento unionista, seguindo os mesmos criterios, non ten sectores terroristas? A ver, en España ningunha vítima dos GAL, insisto, dos GAL, un grupo terrorista que asasinaba, secuestraba e poñía bombas. Pois iso, ningunha vítima dos GAL está recoñecido como vítima do terrorismo.
Si que están recoñecidos como tal os garda civís de Alsasua e, se isto prospera, tamén estes afectados polo de Tsunami Democratic.
Pero nada, que se hai que defender isto e negar o lawfare, pois adiante. Pero polo menos as leccións morais deixalas na casa.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk
Quero pensar que estás falando de oídas e con un sesgo moi marcado e non tratando de embarrar o terreo de xogo dialéctico con medias verdades, cando non mentiras directamente.
O movemento unionista... pero imos a ver, hai en España, Cataluña ou Euskadi algún tipo de grupo similar a UDF ou UDA?
Os GAL e Alsasua. Moi ben. Imos coller os GAL e Alsasua como base de argumentación e proba do lawfare e da represión intolerable do estado español.
1. GAL: Perfecto. Non se condenou por terrorismo os seus integrantes. Moi mal. Pero acabaron no talego uns cuantos policías, un delegado do goberno, un ministro e un secretario de estado.
Seguindo con analoxías, particularmente váleme que non acusen de terrorismo aos responsables dos desmanes que acaeceron en Cataluña entre 2017 e 2020, se hai unha investigación e depuración de responsabilidades.
2. Alsausa. Caso perfecto para ilustrar o que temos agora entre mans. En Alsasua a acusación inicial, e polo tanto instrucción, foi por terrorismo. Ao final, de terrorismo nada de nada e os acusados (que mandaron ao hospital a catro personas, non o esquezamos) foron condenados por atentado a autoridade, desórdenes e lesións.
Un caso perfecto para ilustrar que igual a investigación inicial e imputación é por terrorismo, pero non por eso vai acabar con unha condena por terrorismo e igual é por outros delitos.
Ben, pois aquí preténdese eliminar CALQUERA POSIBILIDADE de que haxa una responsabilidade penal (e civil e administrativa, que ninguén paga un peso por tódolos desperfectos que houbo).
Que hai un posible delito de sedición? Eliminase do código penal.
Que hai un posible delito de malversación? Refórmase no código penal.
Que chegamos tarde e hai condena? Indulto.
Que os que non foron xulgados porque estaban fuxidos teñen que responder polas súas posibles responsabilidades? Amnistía.
Que na amnistía non entra terrorismo? Pois terrorismo do que atenta contra os Direitos Humans e terrorismo do outro.
Que na amnistía 2.0 non entra alta traición? Bueno, pois xa lle daremos unha volta a eso.
E así todo. Pero todo por 7 escaños, non vaiamos a pensar que isto é por "normalizar a convivencia" ou porque "é o xusto".
Por eso reitero que eu pasaría de indultos ou amnistía, e daríalles impunidade total. E xa está. Aquí non pasou nada.
Entón, con esta situación, aquí de leccións morais sí que as xustas.
Porque ao final farán o que lles pete e paréceme moi ben. Porque poden e porque a ninguén lle molesta o suficiente como para montar un Cristo bendito que os faga botar para atrás.
Política de parvulario.
Agora ben. Cando "outros" xoguen a isto, queixas as xustas.
Porque como dixo Iago Aspas: se tes cara para dar, hai que tela para recibir.