Madrid non aumenta o PIB porque para alí se despracen as empresas por mor de ter menos impostos.
Para Madrid van as empresas porque alí está o poder político e económico.
É ben doado de entender: Michel Salgado non foi á selección española até que fichou polo Madrid. No Celta era igual de bo xogador, pero xa ves, tes que estar no lugar onde se toman as decisións para que se che teña en conta.
Cos contratos públicos, contactos de alto nivel con funcionarios, políticos e empresarios pasa exactamente o mesmo.
E, por certo, en política fiscal sempre houbo unha máxima: na periferia páganse menos impostos ca no centro. Pasa a nivel continental: en Irlanda páganse menos impostos ca en Alemaña porque as malas comunicacións, o estar lonxe de centros de poder, etc , compénsase así. E pasa o mesmo a nivel municipal: paga menos IBI unha vivenda en Teis ca no Areal. Madrid está a facer dumping fiscal e non debería permitírselle. Pero xa abriremos os ollos.
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk
Estando moi dacordo no que dis, o tema do dumping fiscal xa é máis complexo.
Porque está claro que existe, pero tamén que hai certa autonomia fiscal. E haberá que elexir logo. Se queremos que as CCAA teñan unha certa (mínima) capacidade de decisión en materia impositiva ou unha Facenda única e café para todos, aínda que sexa descafeinado.
E parte do nivel de contactos e influencia que móvese en Madrid, que non é despreciable, non esquezamos o papel das infraestructuras e comunicacións, que non o sabría cuantificar, pero para min é case que maís importante.
Porque non é o mesmo ter a sede en Almendralejo ou Sobrado dos Monxes, que nalgunha población madrileña, que está hiperconectada con todo e con todo tipo de transportes.
O café para todos foi a forma que tivo o centralismo de anular o estado das autonomías.
Madrid é capital. Debe ter estatuto de capitalidade, pero nunca debeu ser CCAA. E, en calquera caso, as leis non poden ser iguais para os diferentes porque entón non son xustas. Todo o mundo entende o que significa a discriminación positiva co oprimido, pero resulta que non se entende que Madrid non poida dispór da mesma marxe de maniobra ca Galiza?
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk
Pois saíulle regular esa anulación do estado das autonomías, porque se tivese éxito, non estaríamos a falar das diferentes fiscalidades según o territorio. E eso que non tocamos o tema das comunidades forales que, ji ji ja ja, da para un monográfico por se mesmo.
Do resto, xa non entendo moi ben que queres dicir e estamos a poñer conceptos na discusión que non teñen moito que ver co que estamos falando.
Sobre o que debeu ser e é, cada quen ten a súa opinión. Os de Almería non querían ser andaluces e ahí están. E Segovia pasaba de todo e ahí está en Castilla e León. Eu ocuparíame do que hai agora, non das particulares concepcións de cada quen.Despois de 50 anos de estado das autonomías, agora é unha realidade consolidada. Os únicos que teñen un discurso claro e preciso sobre a súa eliminación son, ejem, Vox.
O carallo 29 é que aquí todo Deus considérsase diferente e, claro, reclama unha aplicación das leis específica para o seu caso. Así temos desde o caso foral, a agora o que se vai armar para o caso catalán.
Co que voltamos a falar do meu libro (xdd). Que a min ata que haxa un sistema de representación territorial comme il faut (Senado capaz e non a merda que temos agora), pois atoparemos estas disfuncións e caralladas varias que se negociarán entre catro coleguitas en función dos intereses políticos do momento e non cunha visión territorial descentralizada. Pero non vou dar a matraca máis co tema porque sei que é unha batalla perdida.
Pero bueno, para min moitísimo máis importante que as discusións de república-monarquía son as de articulación dos poderes territoriales.