Sempre me dá moita pena cando alguén morre de cancro, dun proceso longo. Eu tiven a sorte de sobrevivir a un, e coma tanta xente seguramente neste foro, vivín a morte de varios familiares que non tiveron a mesma sorte. Sempre me apena moito pensar en que os teus últimos meses ou anos os pases con ese... medo, ese pesar, esa presión... e seino porque eu non morrín, pero pasei un pouco por esa sensación de "loita" afogante, que agora é tan común e posiblemente se volva cada vez máis frecuente.
Ás veces penso que qué sorte ten quen morre na cama durmindo.
PD: sei que non todo o mundo o vive do mesmo xeito, pero penso que ninguén ou case ninguén pode escapar a esa sensación, sexa no grao que sexa.