Primeiro partido da tempada en Barreiro e primeira derrota, nun deses encontros que custa explicar. O resultado final non reflicte en absoluto o que se viu sobre o terreo de xogo, onde o Celta Fortuna foi moi superior en xogo e ocasións, pero pagou moi cara a súa falta de puntería.
Desde o primeiro minuto, o filial celeste fíxose dono e señor do balón, xerando un caudal ofensivo constante.
As internadas polas bandas e o bo facer no centro do campo traducíanse en numerosas chegadas á área rival. O Guadalajara, pola súa banda, apenas inquedou a nosa portería, mostrándose como un equipo moi eficaz que soubo aproveitar unha das súas poucas oportunidades.
A segunda metade seguiu un guión similar. O Fortuna envorcouse sobre a portería contraria, sucedéndose as ocasións. Un remate de Óscar Marcos estrelouse na madeira e o VAR interveu para anular un penalti e un gol ao conxunto celeste. Estes contratempos minaron a moral dun equipo que o intentou de todas as maneiras posibles.
Cando o partido parecía destinado ao empate, e xa no minuto 89, o Guadalajara atopou o gol nunha xogada illada, levando os tres puntos de Barreiro dun xeito totalmente inmerecido. Unha verdadeira mágoa, pero queda o bo sabor de boca do gran xogo despregado polo equipo, que de seguro traerá moitas alegrías esta tempada se se axusta a puntería.