📌 Partidos do Celta

J1 Celta - Getafe

Celestino · 30/07/2025 09:32 · #msg1
📅 Data: sábado 17 de agosto
🕔 Hora: 17:00
🏟️ Estadio: Abanca Balaídos

Despois dun verán de cambios e moitas expectativas, o Celta volve á carga coa estrea na Liga fronte ao sempre complicado Getafe. Este primeiro partido non é un máis: é o punto de partida dun proxecto no que a afección ten depositadas moitas esperanzas.
Celestino · 02/08/2025 14:54 · #msg112

Getafe CF afronta o inicio de liga ante o Celta con varios movementos no mercado de verán. Entre os fichaxes destacan Juanmi Jiménez, que chega procedente do Betis por 1,2 millóns de euros, e Davinchi, defensa adquirido do Recreativo por arredor de 600.000 euros. Tamén reforzaron o medio do campo con Javi Muñoz, libre desde Las Palmas, e Yvan Neyou, que chega sen custo desde o Leganés.

Completan as altas o lateral Kiko Femenía (Villarreal), o extremo Álex Sancris (Burgos), o mozo Adrián Liso (cedido polo Zaragoza), Mario Martín (cedido polo Real Madrid), e o central Abqar (libre desde o Alavés).

En canto ás baixas, deixaron o club xogadores como Carles Pérez, que regresou ao Celta tras cesión, Ramón Terrats, Álvaro Rodríguez e Bertuğ Yıldırım, tamén tras rematar as súas cesións. Ademais, remataron contrato Allan Nyom, Yellu Santiago, Juan Bernat e Jonathan Silva.

Balaidos · 15/08/2025 19:31 · #msg238
Eu contra o Getafe espero ver un once con Iván Villar baixo paus, Mingueza e Starfelt no centro da defensa, Ristić pola esquerda e Hugo Álvarez pola dereita. No medio, Beltrán e Ilaix para dar equilibrio, e arriba Aspas, Ferran Jutglà e Bryan Zaragoza para acompañar a Borja Iglesias como referencia.

Creo que con este equipo podemos ter solidez atrás e xente con gol e desborde arriba. Partido para comezar fortes e non deixar que o Getafe se meta no xogo físico que tanto lle gusta.


Celestino · 16/08/2025 14:10 · #msg239
🔵⚪ Previa Celta–Getafe (Xornada 1)
Chega a hora da verdade! O Celta recibe ao Getafe en Balaídos este domingo ás 17:00.

Baixas: Starfelt lesionado, tamén fóra Damián Rodríguez.

Convocatoria: 24 xogadores chamados, con novidades como a volta de Swedberg e a inclusión de Pablo Durán tras superar a súa contusión.

Once probable: Radu; Manu Fernández, Marcos Alonso, Domínguez/Rodríguez; Rueda, Mingueza; Beltrán, Ilaix; Aspas, Jutglà e Hugo Álvarez.

Getafe: chegan sen Kiko Femenía nin Abqar, e con moitos reforzos aínda por adaptarse.



📌 Partido clave para comezar a liga con forza. Que once sacaríades vós?
Celestino · 17/08/2025 14:53 · #msg250
Alineación confirmada do RC Celta para o partido de hoxe en Balaídos!

👉 Once titular:  
🧤 Ionut Radu  
🛡️ Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso  
🏃 Sergio Carreira, Fran Beltrán, Ilaix Moriba, Óscar Mingueza  
⚡ Iago Aspas, Hugo Álvarez, Ferran Jutglà  


C
Coira · 17/08/2025 15:20 · #msg251
Moito dominio, si, pero sen claridade ningunha arriba. A posesión é nosa, pasamos ben o balón, pero o problema é que non pasamos dos tres cuartos con perigo real. Sen profundidade nin último pase, así é difícil facerlle dano ao Getafe. Hai que darlle unha volta a iso se queremos algo máis que tocar e tocar.


Balaidos · 17/08/2025 15:21 · #msg252
Está claro que o Getafe non quere o balón, é o seu guión de sempre. Déixanos mover a pelota, acumulan xente atrás e esperan o erro para saír ao contragolpe. En defensa son serios, intensos, e con pouco xa che crean perigo. Se non lles rompemos esas liñas cun pouco máis de velocidade, van facer o seu partido perfecto.


Judith Rey · 17/08/2025 15:37 · #msg253
Seguimos cos mesmos vicios do ano pasado… cando un equipo se nos pecha atrás non sabemos que facer. Movemos o balón, tocamos de lado a lado, pero sen ideas para abrir espazos nin sorprender. É desesperante porque xa o vimos moitas veces, e parece que non aprendemos a xogar contra rivais que defenden con todo atrás.


Celestino · 17/08/2025 15:51 · #msg254
Chegamos ao descanso en Balaídos con empate a 0-0 nun encontro no que o Celta levou o peso do xogo pero sen conseguir transformar ese dominio en ocasións claras.

🔹 Posesión: 62% para o Celta fronte ao 38% do Getafe.
🔹 Tiros: 3 dos nosos (1 a porta) por 4 do rival (0 a porta).
🔹 Precisión de pase: 86% fronte ao 80% do Getafe.
🔹 Faltas: 6 cometidas polo Celta, 5 polos madrileños.

O equipo de Claudio Giráldez buscou ter o balón e mover ao rival, pero custounos superar o bloque baixo do Getafe. O conxunto madrileño, fiel ao seu estilo, entregou a posesión e tratou de sorprender nas transicións rápidas, aínda que sen perigo real para a portería celeste.

📌 Sensacións: bo manexo e control, pero falta máis profundidade no último terzo. Se conseguimos máis claridade arriba, o partido pode caer do noso lado.
Celestino · 17/08/2025 16:13 · #msg255
Minuto 47: Adrián Liso adianta ao conxunto madrileño nada máis comezar a segunda metade. O Celta, que dominara a primeira parte en posesión, vese agora por detrás no marcador (0-1) e terá que remar para darlle a volta ao partido.

📌 Balaídos empurra, queda moito por diante.
Celestino · 17/08/2025 16:38 · #msg256
Minuto 72: C. Uche fai o 0-2 para o conxunto madrileño. O Celta segue a levar o peso do xogo e a posesión, pero a efectividade é visitante.

📉 Tocará remar contracorrente nestes últimos minutos en Balaídos.
Celestino · 17/08/2025 17:01 · #msg257
O debut ligueiro en Balaídos deixou mal sabor de boca. O Celta dominou a posesión (69%) e xerou máis pases (564 fronte a 257), pero faltou claridade arriba e acerto nas poucas ocasións claras que houbo.

⚽ Goles:

Adrián Liso (47’)

C. Uche (72’)


📊 Estatísticas:

Tiros: 11 - 10

Tiros a porta: 3 - 3

Posesión: 69% - 31%

Saques de esquina: 9 - 3


💬 A pesar do control, o Getafe foi máis efectivo e castigou os erros defensivos. Toca correxir vellos vicios: moito balón, pouca profundidade e falta de contundencia nas dúas áreas.

🔵 Agora toca levantar cabeza e pensar xa na próxima xornada.
Balaidos · 17/08/2025 19:14 · #msg258
A defensa fixo augas nas dúas accións clave. Non pode ser que Uche gañe todos os duelos a Lago e Rodríguez, parece que xogamos en brando.

Revivo · 17/08/2025 19:15 · #msg259
Aspas segue sendo o único que tira do carro. O resto, ou desaparecidos ou a medio gas. Non podemos depender dun xogador de 38 anos.
C
Coira · 17/08/2025 19:15 · #msg260
Giráldez tivo tempo para preparar o debut e saímos con posesión estéril, sen plan B. Bordalás con medio equipo suplente pasounos por riba en eficacia.
Judith Rey · 17/08/2025 19:16 · #msg261
Bryan entrou e puxo chispa, pero tarde. O equipo non ten velocidade polas bandas, e iso fronte a un Getafe replegado é un suicidio.
Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0