

En relación ao vindeiro encontro entre o Rayo Vallecano e o noso club, cómpre informar dunha incidencia de última hora que afecta directamente á nosa afección.
Segundo un comunicado oficial emitido polo RC Celta, LaLiga notificou que a bancada destinada á afección visitante no Estadio de Vallecas non reúne os requisitos esixidos pola normativa de seguridade vixente. En concreto, a zona non dispón da separación e do acceso independente que establece o Regulamento Xeral. Esta circunstancia impide a utilización de dito espazo para os nosos seareiros desprazados.
Como consecuencia directa desta situación, o Rayo Vallecano vese imposibilitado para poñer á venda as localidades correspondentes a esa área do estadio. Polo tanto, o RC Celta procederá á devolución íntegra do importe de todas as entradas que xa foran adquiridas polos nosos afeccionados para este partido.
O club informou que o reembolso se realizará de xeito automático, empregando o mesmo método de pago utilizado na compra, polo que non será preciso realizar ningunha xestión adicional por parte dos afectados.
Que vos pareceu o partido de onte? Para min, a sensación é agridoce. Por unha banda, sumamos fóra da casa nun campo sempre complicado e xa van cinco empates seguidos. Pola outra, o equipo sufriu de máis, sobre todo despois de adiantarnos no marcador. O adestrador Claudio Giráldez mesmo recoñeceu que o Rayo foi superior en liñas xerais.
O partido foi de poder a poder na primeira parte, con ocasións para ambos. O Panda tivo unha moi clara que sacou Batalla de milagre. Tras o descanso, Borja adiantounos nun córner, pero pouco nos durou a alegría. De Frutos empatou e a partir de aí, tocou poñer o mono de traballo e aguantar o chaparrón.
Un por un dos nosos:
Andrei Radu (8/10): O mellor do equipo xunto con Borja. Se non perdemos onte foi en gran parte por el. Fixo unhas paradas de moito mérito na segunda metade, sobre todo un man a man con De Frutos e un remate de Alemao. Imperial.
Javi Rueda (7/10): Moita intensidade, como sempre. Subiu a banda con perigo e deu a asistencia, con algo de sorte, no gol de Borja. Un puñal pola dereita ata que o cambiaron tras ver un cartón.
Mihailo Ristic (6.5/10): Partido correcto do serbio. Serio en defensa, sen complicarse a vida. Tivo que marchar lesionado, esperemos que non sexa nada grave.
Carl Starfelt (S.C.): Entrou polo lesionado Ristic e apenas tivo tempo para intervir.
Manu Fernández (5/10): Estivo correcto, aínda que lle tocou pelexar cun Álvaro García moi incisivo. Sufriu nalgunhas fases, sobre todo na segunda parte.
Yoel Lago (5/10): Como líbero, estivo ben na primeira parte secando a Camello. Na segunda, coa entrada de máis xente de ataque do Rayo, viuse máis superado.
Hugo Sotelo (5/10): Moi só no medio do campo. Con balón estivo preciso, pero custoulle entrar en xogo e ter peso no partido.