A min, sin que sirva de precedente, paréceme normal que non se propuxera Balaidos. Polo momento, e non ten pinta de que vaia a cambiar en tres anos, é un campo a medio facer e no que se están a xogar outras cousas. O que me parece mal é o de concentrala atención arredor de Coruña. Con Riazor (ou Vero Boquete, ou A Malata), Anxo Carro, Pasarón e O Couto (que non sei en qué estado andará) tiñas as cuatro provincias representadas.
De feito, eu daríalle preferencia a A Malata ou ao Vero Boquete por encima de Riazor. Balaidos e Riazor parécenme "demasiado estadio" para isto, e as outras ciudades tamén merecen ser sedes de eventos deportivos importantes. Non todo vai ser favorecelas dous de sempre.
Pensando no B, Pasarón estaría suficientemente preto para facer de "local".