Ollo a Unionistas, que hai rumores de disolución. Teñen que cambialo céspede do estadio de artificial a natural para cumprilos requisitos da terceira división, pero aínda que se ofreceron a pagar eles a obra o concello non lles da permiso para facelo. A alternativa que lles dan dende o concello é xogar no Helmántico, pero este estadio non cumpre moitos outros requisitos e o clube calcula as pérdidas en patrocinios en máis do 50% se se mudan alí.
Fálase de que a directiva vai dimitir en bloque nos próximos días, deixando a viabilidade do clube no aire a pesar de non ter deuda.
A verdade é que sería unha pena que desaparecesen. O seu modelo de propiedade, raro no fútbol español, e a boa xestión amosada merecen que lles vaia ben.