A min gústame o formato como está, pero hai un problema moi grave de organización. Estes pensaron que con cambialo tipo de liga xa estaba, sen pararse a pensar como axudar aos equipos a axustalo seu modelo. Impós unha serie de condicións para xogar (céspede natural, bancadas para tanta xente, etc.) pero non axudas aos clubes a cumplir eses criterios. O Unionistas case vai ao tacho polo tema do céspede. Non tes ningún tipo de control financiero e aparecen os equipos dopados, o cal obriga aos demáis a gastar máis do que teñen se queren poder competir. Estás a voltas ata última hora cos dereitos televisivos, polo que os equipos non saben de canto diñeiro van dispoñer por ese concepto.
Non sei, eu teño a sensación de que con un xestor con dous dedos de frente ao cargo destas ligas a cousa podería funcionar moi ben. Este último amago de liquidación das novas categorías ven por ahí, polo control económico. Está ben darlle aos clubes certa liberdade para decidir, pero chegado un punto ten que haber un responsable que tome as decisións.