La semana pasada era un crimen criticar el 11 por que ganamos, y hasta se podía decir sin problema que era un baño táctico. Yo no he cambiado de opinión, alineación mala , sin gente de ataque , dependiendo de que alguno tenga un día especial , como de la Torre la semana pasada y arregle el problema. Puedo comprar un doble lateral, puedo comprar un tribote, puedo comprar 3 defensas . Pero todo a la vez no lo compro .
Y que el mejor jugador del equipo, sea suplente alguna vez también lo compró, pero no que sea lo habitual.
Para rematar, se las 55 minutos en la cueva , y cuando cambia eso Aspas , quita a Larsen que no habia tocado balón antes , pero desde que atacabamos las ganaba todas . En fin .
Eu sigo esperando a que alguén me explique que foi exactamente ese "baño táctico", porque o que se víu o dia de Osasuna foi 18 tiros dun equipo que ía de vermello e 6 de outro que ía de celeste, e en ningún momento deu a impresión de que o de celeste podía dominar o partido. Que levante a mau o que con 2 a 0 estaba tranquilo, porque sería de de admirar a fe nesta proposta.
Eu non compro ningunha das decisións de Benitez, pero creo que sendo xustos hai que recoñecerlle o merito de competir en dous campos nos que tradicionalmente non funcionamos. Iso si, competir non quere dicir ser mellor, nin tan sequera merecer gañar os partidos. Insisto no de que as veces sae cara e as veces cruz, e que para min este non é o camiño en absoluto. Sen ser pesado tamén incido en que non vamos a ver ese cambio de adestrador, que moitos desexamos xa dende fai tempo polo que creo que e mellor resignarse e aceptar o que hai.
Seguramente vos importe ben pouco, pero vou contar como anecdota que levo seguindo o celta dende fai mais de 20 anos, o meu primeiro recordo como celtista é o dia que perdimos a final contra o Zaragoza, recordo velo pola tele e flipar con que non se gañara ese partido. En 20 anos teño visto moitisimos partidos pola tele, xa que ao non ser de Vigo e baixar en poucas ocasións é o que toca. Os anos da TVG en 2 foron moi duros, pero xamais se me ocorreu deixar de ver un partido do celta a medias, nin sequera con Fajardo, Saulo, Cellerino, Vasco Fernandes, etc. sobre o campo. Xamais, ata onte, con 2-0 e esta proposta por primeira vez na vida desistin de seguir vendo un partido. Nin co 2 a 2 volvín. E iso si que e algo que non lle perdono a este adestrador, conseguir que o meu equipo me xenere una desidia que en 20 anos non pasei xamais.