Mostrar Mensajes - Galispain
Celta - Getafe
Lunes, 04 - 21:00:00⭐ Seguimiento especialOfrecido por: Partidostv.com
La Liga EA Sports
Televisado por: DAZN LaLiga , DAZN , GOL PLAY , TVG , LaLiga TV Bar
0
0
0
Estadio de Balaídos

Mostrar Mensajes

Esta sección te permite ver todos los posts escritos por este usuario. Ten en cuenta que sólo puedes ver los posts escritos en zonas a las que tienes acceso en este momento.


Mensajes - Galispain

Páginas: 1 ... 4 [5] 6
141
Ex Xogadores / Re: 6 - Denis Suarez
« en: Noviembre 22, 2021, 21:55:07 »
Alimentándose so de lechugas non se vai poñer forte na vida, un par de churrascadas e cocidos é o que lle fai falta a este rapaz.
Ai perdón, que dicir iso é políticamente incorrecto. 
Perdoademe, foi un lapsus, non volverá pasar :D

142
Temporada 2021/2022 / Re: J 14 Celta - Villareal 1-1
« en: Noviembre 22, 2021, 21:41:40 »
A primeira metade mala, moitos erros defensivos. Dituro salvador a pesar do seu erro no gol do Villarreal.
Na segunda xogamos moito mellor.

Ainda con esas sigue faltando pegada.
E os erros defensivos siguen así.
Xa poden poñerse as pilas, ou nos vai tocar sufrir outro ano por non descender.
Competimos ata o final pero ao final sempre empatamos. E necesitamos victorias.

143
Temporada 2021/2022 / Re: J 15 Alavés - Celta
« en: Noviembre 10, 2021, 14:17:39 »
Este é o partido que temos que gañar si ou si.
E non vai ser doado.
Partido fora de casa, contra un Alavés que está nun gran momento de forma e anímico, e un equipo que seguramente non nos deixe desplegar o noso xogo como si nos deixou o Barsa.
E eles no seu campo nos achucharan, pode ser un partido parecido ao de Vallecas, ou sexa nada facil para nos.
A remontada do Sábado foi un subidon tremendo,  pero é nestes partidos cando hai que sacar o carácter e competir. Ademáis que o Alavés pode ser un rival directo pola permanencia. Temos que ir co cuchillo entre os dentes, a sacar os tres puntos como sexa. Xogadores de calidade temos, pero é necesario carácter e motivación, e non facer o pardillo (algo do que pecamos en ocasións).
Vamos, se pode gañar, pero hai que ir con todo. E rematar a porta, e estar acertados nas duas áreas.
Quen marque primeiro case seguro se leva o partido, e temos que ser nos.
Hai que golpear primeiro, e canto antes mellor.

144
Ex Xogadores / Re: 2 - Hugo Mallo
« en: Noviembre 10, 2021, 14:08:34 »
Quizais non debeu xogar o partido do Barcelona. Arriscamos e saiu mal a aposta.

Agora é o turno de Kevin, en quen sempre confío, un LD moi decente coa mala sorte de ter que competir o posto cun veterano da talla de Mallo.
Pero que sempre que xoga, quedo moi contento coas súas prestacións no campo.

145
Ex Xogadores / Re: 23 - Brais Mendez
« en: Noviembre 10, 2021, 13:59:05 »
Veña Brais, demostralle a Lucho que os galegos tamén sabemos xogar ao fútbol, que parece non darse enterado o home.
A tope!!

146
Xogadores e Corpo técnico / Re: 10 - Iago Aspas
« en: Noviembre 07, 2021, 18:10:16 »
Grazas Iago por facerme disfrutar da belleza deste deporte. 
Igual que Mostovoi fixome moi feliz de pequeno, agora ti fasme disfrutar de maior.
Ai, quen collerá o relevo cando ti xa non estés... :'(:'(

147
Xogadores e Corpo técnico / Re: 8 - Fran Beltran
« en: Noviembre 07, 2021, 18:04:59 »
Este rapaz é un currante nato, me encanta. Un perfil necesario en calquer equipo. 

148
Temporada 2021/2022 / Re: J 13 Celta -Barcelona 3-3
« en: Noviembre 07, 2021, 00:05:42 »
Levome unha sensación agridulce... por unha parte contento por rematar igualando un 0-3 a todo un Barcelona, iso é unha hazaña e subidon brutal. Pero por outro lado tamén dicir que na primeira parte defendimos fatal, e no segundo e tercero gol do Barsa fixemos o parvo, non se pode deixar  aos rivais rematar con tanta facilidade. No segundo gol Nolito non lle pode dar tanto espacio a Busquets, e no terceiro gol non pode ser que Depay remate completamente só na nosa área. Lles defendimos coa mirada. Contra calqueira outro rival era derrota segura, o barsa agora mesmo ten a peor defensa da Liga. Hoxe sen facer o parvo na primeira parte podiamos gañar o partido. En resumo, a actitude na primeira mitade penosa, e na segunda moi boa, sen complexos como debe ser. Enfin, polo menos rascamos un puntiño, espero que o próximo partido sexan 3 puntos. Estamos xogando ben nos últimos partidos, hai que seguir por este camiño e máis victorias chegarán. Hala Celta!! 💙💙💙

149
Xogadores e Corpo técnico / Re: 10 - Iago Aspas
« en: Octubre 28, 2021, 22:02:26 »
Hoxe case todas as xogadas de ataque morían nos seus pes. 
Perder balóns e errou pases relativamente fáciles.
O peor do ataque hoxe, con diferencia.
Sinto dicir isto, porque Iago é o símbolo do Celta, pero é unha estrela que xa se está apagando, e iso o estamos notando.
Espero que outros como Mina ou Brais compensen esta decadencia de Iago.
O Celta ten que aprender a vivir sen o de Moaña, non nos queda máis remedio.
Novos xogadores viran, que nos faran disfrutar. Había vida antes de Iago e habera vida despois del.
Hala Celta!!

150
Temporada 2021/2022 / Re: J11 Celta - Real Sociedad
« en: Octubre 28, 2021, 21:53:20 »

Outro partido que o Celta xoga ben e termina perdendo. Que rabia Dan estas cousas. Pero é o que hai... a Real as duas que tuvo as aproveitou, e mentres nós erramos as nosas. E ademáis vexo moitas imprecisions cando pasamos de tres cuartos de cancha, nas inmediacions do área rival. Os equipos pechanse atrás con orden e nos costa entrar. E Iago.... sempre dende o máximo respeto por ser quen é, pero hoxe foi o peor do noso ataque, unha máquina de perder balóns, errou varios pases. Está moi quemado, non lle sae nada, e iso o equipo o nota en ataque. De vez en cando saca da manga algunha xenialidade, porque algo sempre queda, pero o seu mellor tempo xa pasou, agora está en decadencia, e hoxe como digo estivo moi mal. E quizais vai sendo hora de darlle algún descanso, para que se resetee de novo. Enfin, cabeza alta e a polo seguinte rival. Hala Celta!!!


151
Ex Xogadores / Re: 7 - Thiago Galhardo
« en: Octubre 26, 2021, 10:47:38 »
Unha maravilla a súa asistencia a Mina.
Estivo moi intelixente ahí, porque se seguise correndo cara adiante seguro lla quitaban.

152
Ex Xogadores / Re: 17 - Javi Galan
« en: Octubre 26, 2021, 10:14:04 »
Sen dubida un gran acerto a súa fichaxe.
E iso que ainda non o vexo 100% adaptado á nosa plantilla, pero o seu rendemento está sendo bo.

153
Ex Xogadores / Re: 22 - Santi Mina
« en: Octubre 26, 2021, 10:10:58 »
Que ben! 
Está nun gran momento de forma.
É a primeira vez en moito tempo que sinto que temos un dianteiro.
Que lle dure esta racha.

154
Temporada 2021/2022 / Re: J 9 Celta - Sevilla 0 - 1
« en: Octubre 18, 2021, 21:24:42 »
Xogamos moito mellor ca eles, tivemos máis posesión, gañamos a maioria dos balóns divididos, puxemos maior intensidade...

Pero ao final eles, sen facer nada especial, na única ocasión que tiveron marcan, e encima que potra tivo Mir que lle quedou o balón perfecto para definir.

Pero o fútbol é así, o que conta é o gol, e por desgracia nós diso non temos moito.
E necesitamos gol, e estar inspirados nas ocasións que teñamos.... senon imos ter problemas.

A actitude onte foi boa, non lles podo reprochar nada aos nosos, pero ao final o máis importante é que a pelotita entre.
A ver se no próximo partido a historia é distinta.

155
Temporada 2021/2022 / Re: J 9 Celta - Sevilla
« en: Octubre 15, 2021, 21:40:34 »
Eu creo que podemos poñer en apuros ao Sevilla.
Eles veñen coa vitola de favoritos e todo o mundo pensa que nos van pasar por encima.
Pero eu tampoco vexo tanta diferencia, o Celta tamén ten xogadores de moita calidade técnica e se os nosos están inspirados podemos darlles un disgusto.

A clave é estar inspirados e xogarlles sen medo. Nós tamén temos as nosas armas e temos que aproveitalas.
Podemos rascar un empate perfectamente, e tamén unha victoria por qué non?
E ademáis os equipos, canto máis bos son mellor se nos dan, e viceversa.

Eu son optimista con este partido.

156
Temporada 2021/2022 / Re: J 8 Elche - Celta
« en: Octubre 03, 2021, 19:41:53 »
En fin, eu xa preveía este tipo de partido. Estés equipos pechanse ben atrás e intentan aproveitar algún contragolpe ou xogada a balón parado. Hoxe saiulles ben, porque nos non estamos inspirados en ataque, e porque en defensa volvemos a estar faltos de intensidade. Prácticamente todos os xogadores teñen que mellorar, tanto os nosos atacantes como os nosos defensas. O outro día deronlle unha reprimenda a Fontan pola derrota contra o Cádiz, pero hoxe foron Murillo e Tapia os que fallaron. Contra o Bilbao fallou Aidoo.... o que quiero dicir é que o problema do Celta non é Fontan.... o problema do Celta é que todolos seus xogadores (agas Dituro e quizás Galán) están por debaixo do seu nivel. Atrás temos moito que mellorar, moito. Pero todos. E en ataque tamén..... Agora a cargar pilas neste parón de seleccions.... sinto moito o de Brais.... toca centrarse no Sevilla, un rival complicado, pero o Celta é capaz tanto do peor como do mellor, e eu penso que podemos gañarlle ao Sevilla no noso campo... pero para iso hai que traballar moito estas duas semanas e recuperar sensacions. Veña, cabeza alta e a polo seguinte rival. HALA CELTA!!!

157
Ex Xogadores / Re: 19 - José Fontán
« en: Octubre 02, 2021, 14:21:45 »
Ten que curtirse pouco a pouco, tanto en físico como en carácter. Gañar máis corpo e velocidade, e por suposto experiencia. 
Para ser central hai que ter carácter e ser contundente, ir a roubar o balón sen medo. Se non tes carácter enton os dianteiros rivais te comen.

Xa o irá aprendendo pouco a pouco. 

158
Ex Xogadores / Re: 23 - Brais Mendez
« en: Octubre 02, 2021, 14:16:11 »
Noraboa Brais!
Estou contento por él, pero espero que non baixe o seu rendemento co Celta nin que teña algunha lesión ou contratempo durante a súa estadía na selección.

159
Temporada 2021/2022 / Re: J 8 Elche - Celta
« en: Octubre 02, 2021, 14:09:50 »
Típicos partidos contra un rival aparentemente asequible pero que nos acaba complicando o partido.
Rivais sen moita pólvora en ataque pero moi pechados e ordenados atrás, que non atopas os ocos para entrar.
Encima ese equipo, nese campo, nunca se nos deu ben xogar contra eles.

A súa táctica..... deixarnos o balón, pecharse ben  atrás e esperar algunha contra ou erro da nosa defensa, ou intentar facernos gol a balón parado, ou rascar algún penalti tonto por algún erro noso.... vamos, o que espero da maioria de rivais que se enfrenten contra nos.... facer un partido de merda e marcarnos nalgunha xogada aislada.

O importante é que estemos finos arriba e moi atentos atrás, que non lles demos ningunha oportunidade, facerlles gol canti antes... vamos, o mesmo de casi sempre.
Canto máis tardemos en marcar gol, máis perigoso se volverá o partido para nos.

Non vai ser nada doado.
Pero temos que gañar. Importante chegar ao parón de seleccións co colchón de 11 puntos para poder gañar confianza e respirar un pouco.
Non se pode fallar, ademáis este é un rival da nosa Liga, e o seguinte xa é o Sevilla.

A por eles con todo.

160
Ex Xogadores / Re: 2 - Hugo Mallo
« en: Septiembre 27, 2021, 23:29:48 »
Este home non está ben.
Lle rouban a carteira moi fácilmente por falta de contundencia.

Ten que mellorar, porque as súas desconexions hoxe puideronos costar o partido.

161
Ex Xogadores / Re: 6 - Denis Suarez
« en: Septiembre 27, 2021, 23:25:58 »
Moi ben Denis.

A ver se este gol lle da confianza e volve a sacar a súa mellor versión.

162
Ex Xogadores / Re: 1 - Matías Dituro
« en: Septiembre 27, 2021, 23:23:29 »
Salvador. 
Unha vez máis.

A mellor fichaxe do verán.

163
Temporada 2021/2022 / Re: J 7 ° Celta - Granada
« en: Septiembre 27, 2021, 23:15:24 »
Pois outros tres puntos máis, gañamos a un rival directo, no noso campo. Unha alegría para a afición.

E contento tamén por Denis, que necesitaba ese gol para coller confianza de novo.

Por certo, vaia porterazo este Dituro, sen dubida está sendo a mellor fichaxe do verán, polo menos ata o momento.
Qué grande!

164
Temporada 2021/2022 / Re: J 7 ° Celta - Granada
« en: Septiembre 27, 2021, 21:15:06 »
O árbitro non pita falta a favor do Celta nin ainda que lle paguen.

165
Temporada 2021/2022 / Re: J 7 ° Celta - Granada
« en: Septiembre 25, 2021, 14:23:33 »
A ver se o equipo colleu moral despois da victoria en Valencia e logramos a segunda victoria consecutiva da tempada.

Eu sacaría o mesmo once titular ca no partido contra o Levante. 

E esperar a inspiración dos de arriba, que seguro que están con máis confianza despois dos goles marcados no último partido.

Se xoga no noso campo, coa nosa afición e confianza extra tras o último partido. O rival non será fácil, pero deberiamos gañar si ou si.

166
Ex Xogadores / Re: 6 - Denis Suarez
« en: Septiembre 25, 2021, 14:14:46 »
Hoxe en día o fútbol é cada vez máis físico e este tipo de xogador como Denis sufre máis nos partidos.

Un xogador que non defende supón un costo alto para o seu equipo, que so poderia compensar se en ataque fose tan bo como un Messi, Neymar ou Mbappe.

Pero non é o caso. Non tapa ben atrás, pero tamén penso que máis que desidia é porque o físico non lle da.
E adiante tampouco é resolutivo.

Chamame a atención que tampouco soe buscar o disparo a portería, e as pocas veces que o fai lle sae moi desviado por certo. Iso é outro punto que debería mellorar.

A veces debería ser máis egoísta e buscar o gol dende a frontal en lugar de pensar sempre en asistir aos seus compañeiros.
Que eu sepa marcou so un gol nos dous anos que leva xogando con nos, unha bagaxe un pouco pobre para un xogador que no seu momento viño casi con estatus de estrela.

167
Ex Xogadores / Re: 17 - Javi Galan
« en: Septiembre 25, 2021, 11:04:08 »
Pouco a pouco irá soltandose, pero o xogo colectivo tamén influe no rendemento de calquer xogador.

É como se traes a Haaland aquí, pero logo resulta que o equipo é incapaz de pasar do mediocampo e limitase a pasar o balón entre os defensas.
Pois Haaland nin por asomo marcaría tantos goles coma no Borussia, será porque empeorou? 
Non, é porque non lle chegan balons.

Vamos, un exemplo calqueira.
Ten que aprender a asociarse cos seus compañeiros, especialmente con Cervi.
Pero a tempada é larga e estou convencido de que este rapaz nos fara disfrutar de bos momentos.

168
Ex Xogadores / Re: 23 - Brais Mendez
« en: Septiembre 22, 2021, 10:26:13 »
A min que esté desaparecido alguns tramos do partido non me importa, sempre y cando logo apareza para ser decisivo e darnos a victoria, como fixo onte.
Este é o Brais que queremos ver.
Calidade ten, o importante é tamén a actitude, dalo todo no cespede, e ayudar a Iago a levantar a este equipo. 

169
Xogadores e Corpo técnico / Re: 11 - Franco Cervi
« en: Septiembre 22, 2021, 10:21:42 »
Temos un problema con este tipo. 
Non termina de arrancar, non aporta nada en ataque. Non encara, non fai desmarques, nin da asistencias de gol, non vexo química con Galán nin con ningún dos seus compañeiros de ataque. Está totalmente desconectado do xogo, parece que a cousa non vai con él.

Xa pode espabilar, polo menos mostrar máis actitude e sangue nas venas, ainda que a veces non lle saian as cousas. 
O dos pases atrás non o entendo, él é extremo, o que ten que facer é ser máis atrevido e mirar cara portería. O que fai Vinicius por exemplo, que sen ser ningún prodixio técnico, con valentía e pundonor está logrando destacar. Un extremo ten que ser iso, atrevido, encarado, desequilibrante.

170
Xogadores e Corpo técnico / Re: 8 - Fran Beltran
« en: Septiembre 22, 2021, 10:12:23 »
A súa presencia sirve de axuda para Tapia.
Eu sigo pensando que Tapia necesita un compañeiro de pivote, que pode ser Beltrán ou ben Okay.
E Denis xogar uns metros máis adiantado, como mediapunta, que canto máis cerca da portería mellor poderiamos aproveitar as súas cualidades.

Por iso eu optaría por colocar a Tapia e Beltran/Okay de escuderos, deixando a Denis un pouco máis liberado.

171
Ex Xogadores / Re: 23 - Brais Mendez
« en: Septiembre 22, 2021, 00:35:41 »
Que golazo hoxe!!
Espero que isto lle dea confianza e comece a ser importante en ataque. 
Sempre é bo que marquen outros xogadores distintos de Aspas, este equipo ten que ser máis que Aspas. E se Iago se marcha, espero que Brais sexa un dos que collan o relevo.

172
Temporada 2021/2022 / Re: J 6 ° Levante - Celta
« en: Septiembre 22, 2021, 00:26:20 »
Pois igual non é tan mala fórmula o de empezar o partido con Denis no banquillo e sacalo en segundas partes a modo revulsivo, quizais así nos funciona mellor, eu o probaría máis a menudo.


173
Temporada 2021/2022 / Re: J 6 ° Levante - Celta
« en: Septiembre 22, 2021, 00:16:50 »
Por cierto, o do penalti vergonzoso, puido jodernos o partido.
Tanto esforzo por parte do equipo en manter a portería a cero para que chegue o hp ese e nos joda da maneira máis absurda e inxusta posible. Xa estou farto, farto dos constantes atropellos que sufrimos por parte dos árbitros e das institucions.
Non nos teñen ningún respeto ao celtismo, cren que poden rirse de nós e irse de rositas. O club ten que alzar a voz xa, se non chega a ser por Dituro xa nos houbera jodido o partido de forma gratuita. Aos clubes grandes non teñen narices de pitarlle ese penalti, pero a nós non nos respetan, nos tratan como un trapo. Xa basta de tantos atropellos, hai que plantarse xa! >:(

174
Temporada 2021/2022 / Re: J 6 ° Levante - Celta
« en: Septiembre 22, 2021, 00:06:14 »
Que ben!!! Por fin deixamos a portería a cero. O noso Iago volveu a aparecer, e Brais que golazo marcou. Dituro menudo porterazo, o parapenaltis. Por fin unha victoria, xa era hora. E espero que sexa o comezo dunha boa racha. Eu confío nestes xogadores, vannos dar moitas alegrías. Hala Celta!!! 🔥🔥🔥

175
Ex Xogadores / Re: David Costas
« en: Septiembre 19, 2021, 14:53:13 »
Espero que no Oviedo lle vaia ben e atope o seu lugar. Me consta que lle vai mellor ca no Almería e está máis agusto.

Quen sabe, igual esta experiencia lle axuda a recuperar a confianza e algún día logra volver de novo ao fútbol de primer nivel e asentarse nun Primeira.
Unha pena que non haxa tenido sorte con nos.
Se ben é certo que para min non tiña nivel para xogar no Celta, tamén hai que dicir que parte do celtismo foi excesivamente cruel con él.

Páginas: 1 ... 4 [5] 6

* Al realizar compras a través de estos enlaces, estás ayudando a financiar el foro. ¡Gracias por tu apoyo!