185
« en: Septiembre 18, 2021, 11:11:49 »
Moi boas, son novo no foro. Unha vez feita a miña presentación, comezo a miña andadura aquí.
E gustariame poder facelo celebrando unha victoria do noso Celta, pero non puido ser. E eu sintome doido, moi doido. O que aconteceu onte non o esperaba, non o esperaba nada. Eu esperaba unha derrota contra o Atlético, ou contra o Madrid. Pero contra o Cádiz? E encima no noso estadio, no noso feudo?
E por riba de todo, da forma tan vergonzante que caimos!
Porque hai moitas maneiras de caer, pero non se pode caer como fixo o Celta onte.
Toda unha primeira parte desperdiciada, esspeculando, case sin atacar. O Cádiz esperando cómodo atrás.
Logo a primeira oportunidade que teñen, gol!
A pouco máis e defendemos esa falta metidos na portería.
Logo mandan un balón a un tipo que colle o balón no mediocampo, e está sólo contra dous defensas, sen ningunha axuda. Pois non sei como logrou chegar ata o área e forzar un penalti, e o tipo non era Messi nin Neymar, era un tipo do montón. E ainda así nos burreou e nos sacou un penalti absurdo.
E o peor de todo estaba por chegar.
Dituro é capaz de parar o penalti, e non contentos co ridículo feito ata ese momento, os nosos xogadores quedan parados coma estatuas mirando como un xogador do Cádiz se fai co rechace e, esta vez si, marca a pracer.
Eu non me fixei quenes eran os que fixeron a estatua, pero era pra coller e mandalos ao banquillo tres partidos seguidos, porque isto xa é o colmo da desidia e do patetismo.
E logo cando facemos un gol, no minuto 60 ou por ahí, é cando parece que os nosos espertan e poñen toda a carne no asador.
Pero xa non serviu de nada. E é que habería que dicirlles a estes que hai que sair a gañar dende o minuto 0, non só cando vaiamos por debaixo de marcador.
Non pode ser, non pode ser que o Cadiz sen facer nada nos meta dous goles.
Iso só pode significar unha cousa. Que somos uns pardillos.
Calidade temos, pero somos blanditos, non temos oficio, nin pillería, non temos sangue nas venas....
E o Cádiz prácticamente non ten calidade arriba, o Levante por exemplo sí ten mellores xogadores en ataque, e ahí temos que estar moi concentrados, porque como fagamos o parvo igual ca onte entón nos comen...
Enfin, todavía non quiteime o cabreo de encima, pero é que non sei como puido pasar o de onte, deixoume moi afectado.
Este equipo necesita unha transfusión de sangue urxentemente, e se é hoxe mellor que mañán!
Hai que reaccionar xa, carallo!