Tres goles e cuatro asistencias en liga, cinco e cinco entre liga e Copa. Os números non están nada mal, moi parecidos aos de Brais o ano pasado (cuatro e cinco en Liga, cinco e seis en total con 1000 minutos máis). Se a iso lle sumas que para defendelo sempre lle fan un dous para un, a súa función de abrir campo e facilitalo xogo polo medio a cumple perfectamente.
Para min o problema de Carles ven na súa participación do xogo colectivo. Brais, sen ter números moito mellores, mordía na presión, combinaba, filtraba pases e, en definitiva, melloraba casi cada balón que pasaba por el. Larsen, por falar doutro xogador discutido, cos seus movementos, a pelexa cos defensas e a capacidade para combinar que ten favorece moito o xogo do equipo.
Carles non fai nada diso. Abre campo e atrae defensas, pero os ocos non se aproveitan case nunca porque acapara moito balón. Para min nese sentido é un pouco como Galán, o intenta moito e é un percutor na banda, pero estropea moitas xogadas de ataque por non elexir ben. De feito, tería que pensalo pero creo que algúns dos momentos que máis me gustaron del foi cando combinou na banda e hacia o medio, non facendo a xogada individual.
É un xogador válido? Si, definitivamente. Canto vale? Ese tema xa é máis peliagudo. Estes xogadores egoístas poden ser moi útiles en moitas fases dos partidos, sobretodo nun equipo plano como o noso, pero eu non pagaría demasiado por el.