Ten moito delito o deste clube. Ata comprendo que che poidan meter un calote por calqueira futbolista, incluso por algún que xa ven con fama de fora ( Mor ), pero carallo, por un que xa o tiveches un ano enteiro por estes lares?.
E ollo, que con Jozabed xa pasou parecido eh!, estivo eiqui unha temprada enteira, na que xa se vía as leguas que non tiña físico nin nivel pra primeira, e lonxe de dicir "non, grazas", ao ano seguinte se lle ficha tamén por máis de 5 kilos. Logho pasou o que pasou con él, claro.
Outra xenialidade é a de meter nas operacións de traspaso xogadores de recheo, ao chou. Jorge Sáenz xa chegou no seu día ( millón e medio pola cesión e ficha aparte ) sinxelamente porque era o que pasaba por ahí e o que se puña a tiro, e con Manu Sánchez anos despois parece que pasa o mesmiño. Sobrepagado completamente somentes polo ansia de pechar unha operación de traspaso. O millón de Lobete a fondo perdido xa non sei coma catalogalo...
A ver cando hai unha certa limpa na dirección deportiva, ogallá Garcés meta mán no asunto, porque xa son moitos anos.