Falo de memoria, pero diría que eu sempre opinei que Carles podía chegar a ser un xogador útil, se ben a súa fichaxe non me encaixaba por motivos económicos. De tódolos xeitos, independentemente do que pense a afeción, eu espero que o clube teña un plan xeral e busque pezas que encaixen nese plan. O Celta oficializa a compra de Carles a finais de xuño. Para esas datas xa debían estar, como mínimo, negociando con Benítez. Como podes fichar a un xogador como Carles Pérez para o seu sistema? É un sin sentido. Carles fixo un bo final de ano, si, pero só rendiu no 4-3-3 de Carvalhal. Con calqueira outro sistema non aportaba apenas.
Parafraseando a miña mensaxe anterior, fichar a un xogador puramente ofensivo e que só rendiu como extremo clásico para un adestrador que xoga sen extremos e que nas bandas prioriza o desempeño defensivo paréceme unha decisión difícil de entender. Facer a ese mesmo xogador, quen ademáis é propenso ás lesións e cun carácter un tanto especial, un dos mellores pagados do plantel é de Expediente X.
Eu, coma ti, penso que pode aportar, pero só en contextos moi concretos. Este mesmo ano xa se viu no partido do Sevilla.
Non quero deixar pasala oportunidade para comentar que creo que Carles é un síntoma. Un síntoma do mal que funcionou o clube nos últimos anos. Olvidáronse de seguir (ou de trazar) un plan maestro e se tomaron moitas decisións sen meditalas axeitadamente. Diría que dende Torrecilla non temos un director deportivo enfocado en crear un equipo e de usalo mercado para reforzar as posicións que están coxas ou que son susceptibles de mellora.