É unha posibilidade Varinho sobretodo se te centras estrictamente no deportivo.
Logo se tes en conta outras variábeis como todo o que arrodea o submundo do fútbol e voume centrar no económico e tendo en conta que estamos ante unha directiva saínte pois non sei outra posibilidade é que esta e outras operacións pois como que feden un pouquiño, non sei se me entendes ou eu me explico mal. Está feo falar sen probas (que nunca vai haber por outra banda, de feito o rei emérito nin é un putero nin un ladrón, nin hai nin nunca haberá probas).
Repito é falar por falar pero bueno non digo nada e o digo todo. Pero oe, que sí que igual estamos falando única e exclusivamente de apostas deportivas que saíron mal. Unha chea delas, de xeito desorbitado e xustamente nos dous últimos anos dunha directiva saínte e moi saínte.
Sempre podemos correr un tupido velo, total non baixamos a segunda, salvamos un match ball do que o 80% da xente nin é consciente de onde non puidemos ter metido e o futuro pinta certamente moi bonito, pero bueno tampouco pequemos de inocentes que xa somos un pouco maiorciños pra saber de que vai éste mundo noso.