E que Bernal é o xogador clave deste Racing, se o leva o Raio demostran que alguén dentro desa dirección deportiva entende de fútbol. Fichar a Carlos Vicente era o fácil, toda a prensa leva dándolle publicidade dende o principio do ano, sin ser esta tempada dos 3 mellores xogadores do equipo (antes destacaría a Heber, Bernal, Cantero David Castro, Jon García ou Iker) pero por ser moi rápido e ter unhas condicións de extremo clásico, pouco habituais no fútbol actual, levaron antes a Carlos. Se marcha Jesús para min si que vai ser máis difícil que se manteña o nivel no xogo. Para o Celta sería máis que válido, tanto para xogar ao carón de Tapia como doutro centrocampista dun perfil mais organizador. Pode cumplir en ambos perfís, no de destrutor e no de levar o xogo. O ano pasado xogaba con Manzanara e os dous eran mais de traballo,comprensible para o que requeria esta categoria. Este ano destapouse, ou mais ben, destapouno Parralo, para min nunha das decisións tacticas máis acertadas como sorprendentes (retirando a Fran, que foi o mellor mediocentro do Racing a temporada de 1 rfef, e metendo a alguén con mais calidade como Señe) como o tipico mediocentro que esta en tódalas partes apagando incendios e aguantando o equipo, e que ademais ten criterio có balón. Creo que quen vira o Racing este ano pode aprezar que as claves son os dous centrais (que tamén e incomprensible que ninguen mire para eles) o porteiro Cantero e o nivel de Jesús Bernal e Héber Pena. Vou facer de pitoniso e dicir que se sae tamén Jesús (cousa que non desexo) creo que o que vai triunfar vai ser él antes que Carlos Vicente.